Este vindeiro 26 de outubro do 2024, en Outeiro de Rei, ás 17:30, terá lugar a Gala-concerto da fase final do III Concurso de composición Manuel María do que son finalista, coa miña peza «O carro», con texto do propio Manuel María.
A pianista Noemí Salomón e a mezzosoprano Nuria Lorenzo serán as encarregadas de interpretar as cinco pezas finalistas. Unha vez rematada esta primeira parte, mentres o xurado realice a súa deliberación, a mesma pianista e mezzosoprano presentarán en concerto unha serie de cancións galegas.
Ahí estaremos!!!