PRÓXIMOS EVENTOS

En breve nuevos conciertos!

EVENTOS PASADOS

Noviña en Allariz

Fecha: 17 mayo, 2021
Hora: 12:00 am - 12:00 am

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!!!!!!!!!!!!! A nosa nave pilotada por Nate Borrajo vai despegar o vindeiro 17 de maio ás 18:30 horas no Campo dos Brancos, en Allariz.

Concerto Intro/Nova/Cronos en Viana do Bolo

Fecha: 27 diciembre, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am

Concerto da pianista e compositora María Mendoza, o 27 de decembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo, ás 19 horas, dentro da programación de concertos da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense (reaOU).

“Cronos”
(2020) pecha unha triloxía, xunto con Intro (2016) e Nova (2017).

Intro,
máquina do tempo; Nova, máquina do espazo e Cronos, unha vez explorado o alleo,
máquina de colleita que nos fai volver ás orixes, ao terreal, ao noso planeta e
aos seus sons e a súa música.

Cronos é a
procura do equilibrio, pivotando sobre dous eixes: esquerda-dereita e
arriba-abaixo.

Esquerda-dereita?
Cronos proponnos ser as protagonistas dun xogo no que, como en Alicia a través
do espello de Lewis Carroll, todo o que sucede nun lado ten o seu reflexo
metafórico no contrario. Cada peza deste disco ten o seu irmán bastardo, o seu
reflexo no espello, o seu medio pomelo, xa que as medias laranxas non existen
neste mundo.

Arriba-abaixo?
Cronos, patrón grego da colleita e, á vez, personificación grega do tempo.
Porque este disco non existiría sen o tempo, o metrónomo, a forza do pulso. Ese
tempo que fai tirar cara a adiante sen mirar atrás, que dá ese empurrón para
guindarse ao baleiro, que fai medrar o sementado. Porque cando unha planta
medra cara a arriba buscando a luz, aparece vida tamén por abaixo, nas raíces,
no inframundo, nas entrañas da terra. E cantas veces nos atrae máis o oculto
que o visible!

Atréveste a
atravesar o espello e a mergullarte nas entrañas da Terra?

Noviña en Arnoia (24 xullo 2020)

Fecha: 24 julio, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am

Concerto de Noviña (espectáculo infantil de Nate Borrajo + María
Mendoza) en Arnoia, dentro da Rede de Auditorios da Deputación de
Ourense.

Atréveste a viaxar no espazo?

Benvid@s ao despegue de NOVA, nave espacial coa que faremos unha
viaxe inesquecible no tempo e no espazo. Sairemos da lanzadera B-612,
máis alá de Orión, para visitar tres planetas: Contemporánea,
Tradicional e Electroacústica.

E se nos atopáramos co Principiño? E se lle axudásemos a pintar un año?

E se á Bela Adormecida no lle roubaran un bico?

E se vísemos o noso planeta dende o espazo…cómo o poderíamos sanar?

E se puidésemos ser o que quisésemos? Domador@s de formigas voadoras, soprador@s de caracois…astronautas!!!

Cronos Castrelo de Miño (4 de xullo 2020)

Fecha: 4 julio, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am

Concerto en solitario do disco Cronos en Castrelo de Miño o 4 de xullo 2020, ás 21:30.

Cronos Castrelo de Miño (3 de xullo 2020)

Fecha: 3 julio, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am

Presentación do disco Cronos o 3 de xullo en Castrelo de Miño, acompañada da actriz Nate Borrajo.

Noviña en Arnoia /Aplazado/

Fecha: 2 mayo, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am
Localización: Auditorio de Arnoia

Concerto de Noviña (espectáculo infantil de Nate Borrajo + María Mendoza) en Arnoia, dentro da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense.

Atréveste a viaxar no espazo?

Benvid@s ao despegue de NOVA, nave espacial coa que faremos unha viaxe inesquecible no tempo e no espazo. Sairemos da lanzadera B-612, máis alá de Orión, para visitar tres planetas: Contemporánea, Tradicional e Electroacústica.

E se nos atopáramos co Principiño? E se lle axudásemos a pintar un año?

E se á Bela Adormecida no lle roubaran un bico?

E se vísemos o noso planeta dende o espazo…cómo o poderíamos sanar?

E se puidésemos ser o que quisésemos? Domador@s de formigas voadoras, soprador@s de caracois…astronautas!!!

Concierto Intro-Nova

Fecha: 8 marzo, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am
Localización: Auditorio Parada Justel, Esgos

Esta vez, sola ante el peligro. Pero la ocasión lo merece. 8 de marzo, día de la Mujer Trabajadora. Concierto en el «Parada Justel», en Esgos, dentro de la Rede de Auditorios de la Diputación de Ourense.

Porque el 8 de marzo da para mucho. Para ir a un concierto a las 17:30 y para ir a la manifestación a las 20:00.

¡Animaos!

Presentación libro de partituras INTRO

Fecha: 2 febrero, 2020
Hora: 12:00 am - 12:00 am
Localización: Conservatorio de Música Juan Crisóstomo de Arriaga BILBAO

Presentación del libro de partituras INTRO y concierto, en el Conservatorio de Música Juan Crisóstomo de Arriaga en Bilbao

Concierto en el Parque Náutico de Castrelo de Miño

Fecha: 9 febrero, 2019
Hora: 12:00 am - 12:00 am
Localización: Parque Náutico de Castrelo de Miño (Ourense)

Concierto en el Parque Náutico de Castrelo de Miño (Ourense), dentro del festival ContemporáneA

Presentación de NOVA

Fecha: 2 febrero, 2019
Hora: 12:00 am - 12:00 am
Localización: Espacio Luzarra BILBAO