MARÍA MENDOZA non busca o aplauso, busca a emoción como conector universal: a música é a súa forma de relacionarse co mundo, de chegar onde as súas verbas non chegan. A súa música nace da necesidade absoluta de compartir cos demáis, xa sexa en directo ou a través das gravacións, o seu xeito de transformar sons para sacar o que leva dentro, o seu xeito de ver o mundo.
Con 4 anos, empezando a tocar; con 20, descubrindo a forma de sacar da súa cabeza toda esa música e con algo máis de 40 probando a coller a batuta e descubrindo a adicción tan grande que esta nova faceta trae a súa vida.
María Mendoza está en constante evolución, sen perder a esencia pero en continua transformación. Non vale parar!!!
O seu traballo caracterízase pola busca dunha linguaxe persoal, na que conviven o repertorio clásico e contemporáneo coa creación de música nova. Nas súas obras é habitual a presenza de referencias ao patrimonio sonoro galego, traballando con melodías tradicionais e materiais históricos que reinterpreta dende unha estética actual.
Licenciada en Belas Artes, é tamén membro da Asociación Galega de Compositoras/es dende 2010. Ademais da súa actividade no ámbito da música clásica e contemporánea, forma parte como teclista en grupos de música moderna, como o grupo de rock The Tetas’ Van, o que lle permite desmelenarse no escenario.
Actualmente é co-directora e pianista da Xoven Orquestra Ourensanía, formación coa que participa activamente no desenvolvemento artístico do proxecto, asumindo tarefas de dirección, preparación de programas e interpretación.
Durante o ano 2026 destaca a dirección do concerto central do programa de Igualdade 8M da Deputación de Ourense (6 de marzo de 2026), cun programa sinfónico incluindo a estrea para orquestra da súa obra A Bela Adormecida (La Bella Durmiente), xa estreada pola Banda Municipal de Santiago en 2010 na súa versión orixinal para banda de música.
Así mesmo, asiste o 8M 2026 como directora invitada a dirixir á Banda Municipal de Lleida, a súa peza A Raíña Lupa (1º premio do V Concurso de Composición para Banda Sinfónica organizado pola Federación Catalana de Bandas).
Paralelamente á súa actividade como directora, desenvolve unha sólida traxectoria como compositora. Unha parte importante do seu catálogo está dedicada á música para banda, ámbito no que as súas obras son interpretadas con frecuencia.
Este 2026, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo vén de convidala a dirixir unha das súas obras nun concerto monográfico exclusivo sobre a súa música para banda previsto para maio de 2026, incluindo a súa obra La Leyenda de Ermesinda, premiada no II Concurso Internacional de Composición para Banda “María Teresa Prieto”. Recentemente, ven de editar o seu primeiro libro de harmonía, titulado “Pequeno manual de harmonía para conservatorios”, como resultado de máis de 20 anos de experiencia como docente no departamento de Composición de conservatorios en Galicia.
Como compositora para audiovisual, participou na creación de bandas sonoras para producións de animación recoñecidas en festivais especializados e emitidas en canles de televisión e plataformas de diferentes países, facendo que a súa música chegue a públicos de todo o mundo.
É compositora de encargo para diferentes formacións e institucións e a súa música pode escoitarse tanto en plataformas dixitais como en concertos en directo por todo o mundo.
Compositora da Gala dos premios Mestre Mateo XXI (2023), da música da ceremonia do nombramiento do novo obispo na catedral de Santa María de Tui (2024) e do 800 aniversario da mesma catedral (2025).
O seu traballo directo con músicos de diferentes instrumentos e a súa permeabilidade permítelle ter un catálogo de obras moi amplo e de formacións moi diversas (gaita galega, gaita asturiana, txalaparta, harpa, percusión, cordas, ventos e por suposto, piano, tanto a dous como a 4 mans, coro, orquestra, banda, e diversas formacións de cámara).
A través da dirección, a composición e a interpretación, María Mendoza desenvolve un proxecto artístico que está en continua metamorfose e que aposta pola creación e difusión dun repertorio vivo, tendendo pontes entre o pasado e o futuro.
PREMIOS E GALARDÓNS
PREMIO MARTIN CODAX 2026 da música galega na categoría de Música Clásica e Contemporánea
1º PREMIO pola súa obra para Banda Sinfónica “A Raíña Lupa” no V Concurso de Composición para Banda “Josep María Lleixà Subirats” (2018)
2º PREMIO no 1er Concurso de Composición Internacional Hélianthe (2016) coa súa obra «Devil’s Dance»
3° PREMIO no concurso de composición “Galician Folk Songs”( 2015) coa súa obra «Como queres que te ronde»
3° PREMIO no II Concurso de Composicion Internacional para Banda Sinfónica «María Teresa Prieto» coa súa obra «La leyenda de Ermesinda» (2022)
Finalista no concurso de composición «Manuel María» (2024) coa súa peza para mezzosoprano e piano «O carro».
