Despois de moito traballo na aula, e por petición popular, teño o placer de compartir con vós o meu Pequeno manual de harmonía para conservatorios, no seu primeiro volumen.
A realidade que me levo atopando na aula, sobre todo os últimos anos, é que o alumnado precisa uns materais claros, onde a información sexa clara e directa. Sí, vivimos na era da inmediatez.
Por suposto que sempre recomendo ler os manuais tradicionais, que obviamente son de obrigado coñecemento para alguén que estude harmonía nun conservatorio.
Este libro que saco á luz é unha pequena axuda para aula, tanto para o alumnado, xa que ordena a información necesaria para desenvolverse na materia, como para o profesorado, sobre todo o de nova incorporación, ao que quizáis poda aforrarle algo de tempo.
Ah, amenazo con sacar o segundo volumen, xa que éste abrangue só o 1º curso Harmonía do Conservatorio Profesional. Queda pendente o volumen II, correspondente ao 2º curso de Harmonía.
Anímadevos a descargalo!!!! O tedes na seguinte ligazón:
https://www.branfor.com/es/shop/metodos-y-libros/libro-de-harmonia-vol-i-galego/detalle
