O vindeiro venres, 6 de marzo, teño a grandísima honra de dirixir o concerto da Xoven Orquestra Ourensanía no Teatro Principal de Ourense, ás 19:30 horas. Este último concerto da temporada 2025/2026 será un concerto moi especial, para as asociacións de ámbito social coas que colabora a Deputación de Ourense.
Así que niso estamos, dende finais de xaneiro, ensaiando para este concerto que nos fai tanta ilusión (ensaiar os fins de semana en Xinzo non é doado!!!!!!!) E despois de loitar contra cortes de tráfico para entrar en Xinzo e ensaios de mañá que desafían as leis do entroido, chegamos ao 6 de marzo!
