O pasado 4 de novembro tiven a sorte de asistir ao concerto de temporada da banda Municipal de Vitoria – Gasteiz, no que tocaron a miña A Raíña Lupa, obra para banda sinfónica, da man do director Luis Orduña.

Unha honra poder explicar a obra ao público, e recibir tantísimas mostras de cariño!!!