Noviña en Allariz
Benvidos e benvidas ao despegue de Nova, nave espacial coa que faremos unha viaxe inesquecible no tempo e no espazo. Sairemos da lanzadera B-612, máis alá de Orión, para visitar tres planetas: Contemporánea, Tradicional e Electroacústica, capitaneados pola comandante de voo SuperLula-2010 (a actriz Nate Borrajo) e alumeados pola estrela M.Mendoza-75 (a pianista e compositora María Mendoza). Viaxe ecosostible, ecoloxista, feminista e igualitario.
Atréveste a viaxar polo espazo?
E se nos atopáramos co Principiño? E se lle axudásemos a pintar un año?
E se á Bela Adormecida non lle roubaran un bico?
E se puidésemos ver o noso planeta dende o espazo...cómo o poderíamos sanar?
E se puidésemos ser o que quisésemos? Domador@s de formigas voadoras, soprador@s de caracois...astronautas!!!